Don Xosé Henrique González Lago Coordinador do grupo municipal de Esquerda Unida – Izquierda Unida, de conforme co establecido no Art. 95.7 del ROF, ven a presentar para o seu debate no Pleno da Corporación, a seguinte,
MOCIÓN:
Os resultados das últimas eleccións xerais do 9 de marzo, puxeron de manifesto con toda a súa crueza unha realidade: a nosa lei electoral é abertamente inxusta e dubidosamente constitucional.
Abertamente inxusta porque a representación institucional que se obtén nas Cortes Xerais non se corresponden co apoio electoral realmente obtido a través dos votos dos cidadáns. Por iso dáse a paradoxa de que a terceira forza política en apoio electoral do país, como é Izquierda Unida – Esquerda Unida con cerca de 1 millón de votos, obtén dous deputados e sen embargo outras forzas políticas con menor apoio electoral multiplican ese resultado.
O actual sistema electoral favorece claramente aos partidos maioritarios ao tempo que produce unha representación superior das forzas políticas que se presentan solo nalgunhas circunscricións. É un sinsentido que debe ser corrixido.
Debe ser corrixido para respectar o precepto constitucional que establece que o sistema electoral debe cumprir o principio de proporcionalidade (que agora non cumpre). Tamén, e sobre todo, para garantir a todos os cidadáns do noso país, voten no lugar do Estado Español que voten, e voten a forza política que sexa, que o seu voto ten o mesmo valor e que a súa vontade vai a ser tida en conta en idéntica medida.
É imprescindible reformar a Lei electoral para garantir a tódolos/as cidadáns o seu dereito democrático a que o seu voto sexa igual e teña o mesmo valor, para garantir con elo a liberdade do voto e para cumprir o espírito constitucional de proporcionalidade.
De manterse o actual sistema continuárase vulnerando o mais elemental fundamento democrático que se expresa na máxima de” un home/unha muller un voto con igual valor” e se continuaran producindo distorsións na representación da vontade popular expresada nas urnas realmente inadmisibles.
En base a todo o anterior,
Proponse ao Pleno da Corporación adopte o seguinte
ACORDO: esixir ao Congreso dos Deputados, que promova a creación dunha Comisión para a reforma do Sistema electoral, que permita a modificación da actual lei electoral con criterios de proporcionalidade entre a representación institucional e o nº de votos obtidos por cada forza política nos procesos electorais. O obxetivo desta iniciativa é que a mencionada reforma electoral poda ser operativa nas próximas eleccións xerais.
Do presente acordo darase traslado ao Presidente do Goberno, ao Presidente do Congreso dos Deputados e a tódolos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada